¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

MONICREQUES E MÚSICA  /  +3 ANOS /  50 MIN

Fantoches Baj adapta o clásico conto de ‘Pedro e o Lobo’ nunha proposta representada con marionetas manipuladas coa técnica xaponesa do bunraku e acompañadas coa música do clásico de Prokofiev. A peza sitúa a historia nun mundo rural illado da modernidade e contextualiza o conto nunha estación de tren pechada, nun espazo que quixo ser moderno, pero que finalmente foi abandonado e que a natureza comeza a recuperar. A historia cóntana tres antigos operarios do ferrocarril, apaixonados poos trens, que deixaron o seu traballo de desmontadores de estacións para converterse en donos dun parque infantil.

Unha proposta para público familiar sobre superación, amor, vinganza, medo, orgullo... que desde a revisión defende os lobos e o valor da natureza. Pedro e o lobo é un musical de teatro que se pode interpretar de dous xeitos: en formato de teatro con banda de música interpretando en directo os arranxos musicais realizados por Benxamín Otero; ou en formato teatral sen banda de música en directo, apoiándose nas músicas que irán soando gravadas no transcurso do espectáculo.

GALERÍA DE IMAXES

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Dirección e adaptación: Inacio Viñariño
Actores / titiriteiros: Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias, Inacio Vilariño
Arranxos musicais: Benxamín Otero
Iluminación: Xacobe Castro
Escenografía: Luchi Iglesias e Inacio Vilariño
Vestiario: Olga Vieites
Deseño cartel, figuras e escenario: Iván Suarez